O executivo pobrés proporá ó exalcalde Segundo Durán como fillo adoptivo

    filloadoptivo_100_230508.jpgPOBRA > O inicio do expediente para este nomeamento levarase a pleno o vindeiro xoves 29 de maio.

    {flowplayer}barbanza/filloadoptivo.flv{/flowplayer}

    O executivo pobrés vén de propoñe-lo nomeamento do exalcalde Segundo Durán como fillo adoptivo desta localidade, así como que a actual Praza Maior, construída durante o seu mandato, pase a denominarse Praza Alcalde Segundo Durán.

    Grandes obras

    Con esta proposta de nomear ó exalcalde xa falecido Segundo Durán como fillo adoptivo da Pobra do Caramiñal, o executivo local quere recoñece-lo labor desempeñado por este á fronte da alcaldía durante 18 anos, dende 1972 a 1990. Segundo sinalou o propio tenente alcalde, Ricardo Lago, con el iniciouse o despegue e a transformación desta vila, realizándose obras importantes como é o caso de varios centros de ensino, o centro de saúde, a residencia da terceira idade, o peirao comercial ou mesmo o estadio municipal da Alta. A el débeselle tamén, grazas ó seu traballo como deputado autonómico, a construción do actual hospital do Barbanza.

    De aprobarse esta proposta Segundo Durán pasará a formar parte da lista de fillos adoptivos deste concello, ocupada actualmente pola Condesa de Fenosa, nomeada no ano 1976 e Eliseo Escurís Batalla, que recibiu esta concesión no ano 1985.

    Regulamento municipal

    Seguindo o regulamento municipal para a concesión deste distintivo vai crearse unha comisión na que estarán representados tódolos grupos políticos con representación municipal: PP, BNG e PSOE.  O goberno municipal agarda a que a proposta, que será levada a pleno o vindeiro xoves 29 de maio, acade o respaldo unánime de toda a corporación. 

    Redacción Barbanza