RIBEIRA> O Centro Integrado de Formación Profesional de Coroso, en Ribeira, acolle esta semana unhas xornadas de Orientación Profesional. Ademais de divulgar a oferta formativa que ofrece o centro, organizaranse visitas guiadas para dar a coñecer as súas instalacións.
Xa son 11 os anos que O CIFP Coroso de Ribeira leva organizando distintas actividades para dar a coñecer a súa oferta formativa. Desta volta optou por unhas xornadas de orientación que contan coa participación de centros educativos e empresas.
Polo centro, pasarán máis de 200 alumnos de toda a comarca que ademais de informarse sobre os ciclos e a oferta en formación ocupacional, puideron realizar visitas guiadas ó centro para coñecer as súas instalacións. Tiveron ocasión tamén de coñecer a oferta laboral de numerosas empresas colaboradoras interesadas en captar novos talentos para as súas firmas.
Na actualidade, o CIFP Coroso conta con máis de 400 alumnos e unha ampla oferta de ciclos formativos dende automoción e electricidade ata instalación, mantemento e industrias alimentarias, entre outros.