RIBEIRA> Os nacionalistas informaron de que nos últimos días o edificio inundouse no seu interior sen que o goberno local fixera nada por evitalo.
Dende a formación frentista sinalan que esta é unha nova demostración da falla de xestión dun goberno local que non está á altura.
Ante esta situación, dende o BNG esíxenlle ó alcalde un plan de mantemento dos edificios e equipamentos públicos xa construídos, en lugar de investir máis diñeiro en novas infraestruturas, moitas delas innecesarias.