O Náutico de Ribeira xa luce bandeira azul

    RIBEIRA> O alcalde do municipio, Manuel Ruíz, e o presidente da entidade, José Antonio Ventoso, encargáronse de izar o galardón.

    A entrega da Bandeira Azul recoñece a calidade das augas e servizos do Náutico de Ribeira. Esta insignia simboliza os esforzos e compromisos da actual directiva en prol do medioambiente, do cumprimento das normativas, da sanidade, da limpeza ou da seguridade. O presidente da entidade, José Antonio Ventoso, mostrouse orgulloso de acadar tales méritos. O alcalde do municipio, acompañado por parte do seu equipo de goberno, agradeceu ó presidente os esforzos que realizou para situar ó Náutico de Ribeira entre os máis destacados de Galicia en cuestións medioambientais.No acto tamén se inaugurou un novo acceso de entrada ó porto deportivo, amplamente esperado polos usuarios do complexo. O alcalde, Manuel Ruíz, indicou que a súa execución foi inviable ata o momento debido as obras da lonxa pero por fin se repara unha inxustiza, segundo as palabras do propio rexedor. José Antonio Ventoso agradeceulle a Portos, e moi especialmente ó goberno local, a creación deste paso.