O BNG de Outes propón a mellora de espazos públicos para o POS

OUTES> O BNG de Outes presentou unha serie de propostas a incluír no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para 2020. Divídense en proxectos para a recuperación de espazos públicos, dotación de infraestruturas para nenos e mozos, melloras viarias e arranxo das instalacións deportivas.

O BNG entende que é responsabilidade do goberno local decidir as obras a incluír no plan provincial, en función das propostas recollidas nos encontros veciñais. O que si rexeitan é a realización de obras exclusivamente de pavimentación sen contemplar unha actuación integral coa dotación de redes.

En canto ás actuacións de carácter global que propoñen destacan a instalación de sendas peonís para conectar as aldeas e garantir a seguridade dos peóns. Tamén a humanización e dos paseos e espazos públicos así como a creación dun parque infantil cuberto e un área de lecer para a mocidade.

En materia de infraestruturas deportivas, propoñen tamén o arranxo da cubertas do polideportivo da Serra ou a adecuación das instalacións do club de piragüismo Taxamar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí