Todo preparado para unha nova edición de ‘Muros mira ao Mar’

    MUROS> As xornadas de cultura mariñeira desenvolveranse do 8 ó 10 de xullo. Durante tres xornadas, do 8 ó 10 de xullo, a vila muradá volverá ó pasado coa celebración das xornadas de cultura mariñeira ‘Muros mira o Mar’. A iniciativa xa consolidada, chega este ano á súa décimosegunda edición, con importantes novidades. Unha delas é a celebración novamente dunha concentración de embarcacións tradicionais da man Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Durante as tres xornadas desenvolveranse numerosas actividades dirixidas a satisfacer todo tipo de públicos con eventos deportivos, música, teatro, obradoiros, exhibicións, charlas, e tamén a presentación de libros. Segundo a alcaldesa se algo caracteriza especialmente a estas xornadas ‘Muros Mira ó Mar’ é a implicación dos propios veciños e asociacións locais, que contribúen a dinamizar aínda máis a feira.