Os padexeiros do Salnés tráense dez medallas de Banyoles

piraguismo250_270508.jpgSALNÉS > O piragüismo deixounos esta fin de semana moi bos novas grazas ós grandes resultados acadados polos padexeiros do Salnés. No Campionato de España de Maratón que se disputou na localidade catalana de Banyoles, Tono Campos, Adrián Domínguez, Diego Romero e a parella conformada por Ferro e Graña, adxudicáronse a victoria.

Tódolos pronósticos lle daban como gran favorito e Tono Campos non fallou. O padexeiro grovense acatou seu papel de candidato á victoria e pasou por riba dos seus rivais para levarse o título nacional de maratón en C-1.

Na proba, Campos aventaxou en máis de medio minuto ó segundo clasificado, demostrando así a súa superioridade. Na mesma carreira, Ismael Pesado, de As Torres de Catoira, foi sexto. T

amén poden presumir de ser campións de España o C-2 conformado polos padexeiros da Illa Ramón Ferro e Óscar Graña; se a victoria de Campos foi incontestable a de Ferro e Graña foi case insultante, pois aventaxaron en liña de meta ós seus inmediatos perseguidores, os breoganistas Sánchez e Ribadomar, en máis de catro minutos.

No C-1 xuvenil, tres padexeiros do Salnés coparon o poido: Diego Romero levouse o ouro e Miguel Salgado a prata, ambos de As Torres de Catoira. Juan Ramón Bayón do Club da Illa de Arousa colgouse o bronce.

A estas, hailles que sumar o título conquistado en categoría cadete por Adrián Domínguez, polo que o final foron dez as medallas que se trouxeron de volta dende Banyoles os representantes do Salnés. Catro ouros, dúas pratas e catro bronces.

Redacción Salnés