A corporación municipal seguirá a evolución da crise en Pérez Lafuente

    pleno_vilanova100.jpgVILANOVA > O Concello de Vilanova creará unha mesa de estudio para seguir a evolución da crise da conserveira Pérez Lafuente.

    {flowplayer}images/salnes/pleno_vilanova_perez_lafuente.flv{/flowplayer}

    VILANOVA > O Concello de Vilanova creará unha mesa de estudio para seguir a evolución da crise da conserveira Pérez Lafuente. Así se acordou no pleno celebrado onte á noite. O goberno local pretende mediar entre a dirección da empresa e as traballadoras, que tamén estiveron na sesión de onte.

    As traballadoras da conserveira Pérez Lafuente, de Vilanova, decidiron darlle esta semana unha tregua á empresa á espera de dialogar abertamente coa dirección. A dirección xa se comprometeu a aumentar o traballo a curto prazo, pero as empregadas seguen demandando un plan de viabilidade para 2008 e 2009. As súas reivindicacións transmitíronas onte ó pleno municipal.

    As 30 traballadoras fixo discontinuas de Pérez Lafuente acadaron o respaldo unánime da corporación municipal. O pleno aprobou, a proposta do BNG, a creación dunha mesa de estudio para seguir a evolución deste conflicto e para mediar entre as partes. O vindeiro xoves está prevista unha reunión en Vigo baixo a mediación de Inspección de Traballo que podería ser decisiva, polo que o pleno fixou para o luns a celebración da primeira sesión de debate. Nela participarán os representantes dos tres grupos municipais, na busca dunha solución a este conflicto que dura máis dun mes.

    Redacción Salnés