Presentada a fase de ascenso á Liga Femenina

baloncesto250_300410.jpgVILAGARCÍA> A alcaldesa Dolores García presidíu o acto acompañada polo presidente de Extrugasa, Andrés Quintá. O evento celebrouse no Pazo O Rial.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_300410.flv{/flowplayer} 

Esta mañá déronse a coñecer os pormenores dunha fase de ascenso que por desexo de todos os que colaboran na súa organización ten que ser a da volta do Extrugasa á élite do baloncesto femenino.

Será a vindeira semana, do 6 ó 9 de maio. Xoves, venres e sábado, xogaranse as tres xornadas de liguiña en cada un dos dous grupos: no G1, estará o Extrugasa, xunto a Universidad del País Vasco, Femení de Sant Adriá e Caja Canarias. No G2, Ensino, Burgos, Navarra e Ibiza. Os dous mellores de cada grupo cruzaranse na tarde do domingo en dous choques decisivos dos que sairán os dous equipos que ascenden. Entre os favoritos, o conxunto local, que non ten medo á presión de xogar ante o seu público.

Tódolos partidos do Extrugasa celebraranse ás 20:30 horas e en caso de xogar o domingo será ás 18:15.

Por outra banda, xa se poden adquirir os abonos para a fase: os prezos serán de 8 euros para os socios e de 15 para os que non o son. Tamén haberá entradas para cada día de competición, a 6euros. Prezos asequibles para un espectáculo no que a directiva do Cortegada quere deixar o pavillón ben alto. 

Á presentación de hoxe tamén acudíu o plantel ó completo que recibíu os ánimos da alcaldesa.

Ascender ou non ascender dependerá do seu traballo sobre a pista. O que sí semella seguro será o ambientazo que acollerá Fontecarmoa, que segundo a organización prevé, vai estar ata os topes.

Redacción Salnés