As mariscadoras farán rutas pola Compostela e polos Lombos do Ulla

    rutas_marisqueo100_050608.jpgVILAGARCÍA > As mariscadoras de Carril amosarán o seu traballo a turistas e veciños. Desde  con dúas Rutas de Marisqueo.

    {flowplayer}images/salnes/rutas_marisqueo.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > A curiosidade de moitos turistas verase satisfeita este verán. As mariscadoras da asociación Os Lombos do Ulla, de Carril, reservarán unhas horas para explicar o seu traballo a quen o desexe. Hoxe puxeron en marcha as denominadas Rutas de Marisqueo, que teñen previsto desenvolver durante todo o ano.

    As mariscadoras guiarán ós visitantes a un prezo de seis euros. Ofrecen dous itinerarios. O máis sinxelo parte do Centro de Interpretación da Ría, na praia Compostela. Cara o sur, teñen a ruta polos Lombos do Ulla. Unha experiencia diferente segundo se relata na guía editada polo Concello de Vilagarcía.

    Os políticos foron os primeiros en facer estas rutas. A alcaldesa e varios edís, xunto coa delegada provincial da Consellería de Innovación percorreron a praia Compostela guiadas polas mariscadoras. Ademais dunha guía impresa, o Concello promoverá estas rutas nas súas oficinas de Turismo e no propio CIRA.

    Redacción Salnés