Máis de 120 empresas turísticas de Sanxenxo recoñecidas co distintivo SICTED pola súa calidade

SANXENXO> Sanxenxo consolídase como destino de calidade con máis de 120 empresas do sector recoñecidos co distintivo SICTED, un certificado promovido polo Secretaría de Estado de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias. A entrega deses certificados de calidade tivo lugar esta mañá. Ni acto  tamén se presentou o novo vídeo de promoción turística da localidade, elaborado por esta casa, por Canal Rías Baixas.

Sanxenxo é a localidade galega con maior número de bandeiras azuis e un dos principais destinos turísticos da comunidade. A localidade pode presumir ademais de contar con máis de 120 empresas do sector turístico  distinguidas co certificado SICTED, un recoñecemento da Secretaría de Estado de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincial.

Esta mañá tivo lugar no Nauta o acto de entrega dos certificados, encabezado polo o alcalde da localidade e a Directorta Xeral de Turismo. Nava Castro salientou que Sanxenxo incrementou nun 25% o número destas distincións na última década, demostrando que o destino está consolidado no sector.

O alcalde de Sanxenxo entre quixo salientata-lo traballo feito nos últimos anos. Telmo Martín puxo en valor o modelo turístico da localidade pero tamén aproveitou para fixar un reto: desestacionaliza-lo sector. Unha das claves é a difusión do destino turístico no mercado peninsular. Esta mañá, aproveitando o acto, tamén se presentou o novo vídeo promocional da localidade. Na peza, elaborada por  Canal Rías Baixas preséntase a Sanxenxo como un destino de praia, pensado para toda a familia, que ofrece -ademias- gastronomía, paisaxe, deporte e aventura. Un lugar, en definitiva, onde o excepcional vólvese cotiá.