A Casa de Cultura acolle este venres unha charla sobre o linfedema

    charla_linfedemacopy.jpgGROVE> A charla, organizada pola Asociación Galega de Linfedema, será gratuíta e impartirase a partir das seis e media da tarde.

    {flowplayer}images/salnes/PREVIA_CHARLA_LINFEDEMA.flv{/flowplayer}

    No ano 2004 fundouse a Asociación Galega de Linfedema. Trátase dunha entidade sen ánimo de lucro que forma parte de COGAMI, a Conferencia Galega de Persoas con Discapacidade.

    A súa finalidade é proporcionar todo tipo de información e asesoramento ás persoas que padecen esta enfermidade, pouco coñecida en España. No seu afán por dala a coñecer, anualmente organizan charlas informativas. Unha delas será este venres, ás seis e media da tarde na Casa de Cultura do Grove.

    E é que aínda que é unha enfermidade pouco coñecida, en España son 800.000 as persoas afectadas das cales 50.000 se atopan en Galicia.

    E o importante nestes casos é diagnosticalo canto antes xa que tal e coma nos explicou o Presidente da Asociación, Juan Manuel Lameiro, é preciso tratar desde o comezo. Aínda que non ten cura, cun tratamento axeitado se pode levar unha vida normal.

    Ademais da charla, que será gratuíta, os interesados poden atopar máis información sobre a enfermidade na blog da asociación. A vindeira charla impartirase o quince de xuño en Ribeira.

    Redacción Salnés