Núñez Feijóo reclama á Xunta que pague aos afectados polas riadas

    ppinundacions100_271107_001.jpgVILAGARCIA > Hoxe fai un ano da traxedia vivida por miles de persoas en Vilagarcía por mor das inundacións

    O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, acompañado polo presidente vilagarciano do PP, Tomas Fole, reuníronse esta mañá con representantes de colectivos afectados polas inundacións, para mostrar o seu apoio e reivindicar o pago das indemnizacións. Ademais o PP de Galicia presentará unha proposición non de Lei no Parlamento, para que Galicia teña o mesmo trato que Valencia no tema das inundacións.

    A xuntanza tratou de poñer en claro o balance de danos un ano despois das inundacións. Representantes de organizacións empresariais e veciñais puxeron de manifesto que hai incumprimentos nas axudas comprometidas.

    Alberto Núñez Feijoo declarou que aínda hoxe hai un 40% de afectados que non cobraron as axudas. Por iso denuncian que a Xunta de Galicia non cumpriu a súa promesa de cubrir os gastos que non fixera o Consorcio de Compensación de Seguros, e temen que si houbera chuvias como o ano pasado, Vilagarcía estaría inundada

    Resaltou que seguen pendentes as obras tan importantes como a do río Con, a substitución das varandas por un muro e a instalación dun sistema de contención de mareas. Núñez Feijoo pide a Xunta que pague xa, e con intereses de demora aos afectados polas inundacións.

    Ademais o PP considera discriminatorio que en Valencia se aprobase un real Decreto Lei, no mesmo día que finalizaron as inundacións nesa comunidade, especificando as axudas, e en Vilagarcía aínda non existe.

    Por outra banda, en Valencia hai mil euros de indemnización para cada vehículo afectado e en Vilagarcía, non se contemplan axudas aos dous mil vehículos soterrados e inundados nos garaxes. Alberto Núñez Feijoo recordou que a vicepresidenta do goberno, Teresa Fernández de la Vega, preséntase ás eleccións xerais en Valencia.

    Redacción Salnés