Lao Santos deixa o banquiño do BM Rasoeiro

laosantos250_050608.jpgGROVE > Nas últimas horas vense de confirma-lo adeus definitivo de Lao Santos coma técnico do Rasoeiro. O adestrador comunicoulle á directiva o seu desexo de abandona-lo club a semana pasada.

Nas últimas horas vense de confirma-lo adeus definitivo de Lao Santos ó banquiño do Rasoeiro. O adestrador comunicoulle á directiva o seu desexo de abandona-lo club unha vez cumpríu unha etapa importante enrolado ó conxunto grovense, que o levou a estar tres anos.

Precisamente a mellor das tres temporadas foi esta última na que acadou o cuarto posto na Liga e o subcampionato na Copa Federación.

A decisión xa fóra tomada hai tempo e comunicada á directiva a semana pasada. Os primeiros en sabelo foron os xogadores, pero a nova non se quixo facer oficial ata o día de hoxe.

Lao Santos xa recibíu algunha oferta doutros clubes para continuar  adestrando e seguirá, eso sí, vinculado á Federación Galega de Balonmán como adestrador da Selección Cadete Feminina.

Redacción Salnés