O Valencia adxudícase a AF7 tras vencer ó Inter na final

arousa7250_090608.jpgVILAGARCÍA > O equipo levantino venceu por 2-1 ó Inter de Milán na gran final, nun partido moi igualado e disputado de principio a fin.

O Valencia foi o equipo encargado de suceder ó PSG no palmarés da Arousa Fútbol 7, despois de vencer con moito sufrimento ó Inter de Milán, que repite subcampionato por segundo ano consecutivo.

O equipo ‘che’ levouse o premio a súa maior regularidade durante todo o torneo, no que amosaron ser superiores a prácticamente tódolos seus rivais, non en van venceron en tódolos encontros agás na semifinal, na que tiveron que chegar ós penaltis co Sevilla.

Sácanse ademais a espiña que tiñan clavada dende hai quince días cando caeran no Torneo Internacional de Brunete ante o Barcelona. Na final de onte comezaron perdendo, pero en dúas xogadas cheas de astucia e pillería remontaron o encontro.

En canto á participación galega no torneo foi máis que satisfactoria. Aínda que Celta, Villestro, A Seca e Pabellón caeron na primeira fase, todos eles firmaron grandes partidos cos galos do torneo. Calvo Sanz e Arousa metéronse en octavos aínda que nesta ronda caeron sen paliativos ante Benfica e Broussia Dortmund respecticamente.

Tódolos equipos e xogadores levaronse a súa medalla e o seu trofeo, recibido por parte das autoridades locais, provinciais e autonómicas que se deron cita na Lomba. O central do Inter Giacommo Siacca foi elexido coma mellor xogador.

A Arousa Futbol 7 baixa o telón por este ano pero promete voltar o vindeiro, intentando mellorar se cabe a actual edición.

Redacción Salnés