![]()
PADRÓN> A Federación Galega de Servizos presentou unha querela contra o alcalde e o tenente alcalde pola presunta vulneración do dereito á folga.
{flowplayer}barbanza/denunciaalcaldepadron.flv{/flowplayer}
O voceiro da Federación Galega de Servizos presentaba este venres unha denuncia no xulgado de Padrón en contra do alcalde, o tenente alcalde e varios empregados municipais. Dende o sindicato entenden que se ten producido unha vulneración do dereito á folga por impoñer o servizo de recollida durante unha das xornadas do paro convocado polos traballadores do lixo.
Malia que dende o concello xustifican a realización da recollida nun informe remitido por Sanidade, dende a Federación de Servizos insisten en que se incumpriu a lei posto que non se lle comunicou ó comité de folga. Feito especialmente grave, din, no caso dos representantes municipais que deberían ser garante dos dereitos dos traballadores.
Agora, unha vez presentada a querela, o xuíz deberá abrir instrución para investigar os feitos denunciados e concluír se existe ou non un delicto de carácter penal.
Redacción Barbanza









