Os concellos da Barbanza celebran a festividade de Corpus

    RIANXO> Moitos concellos da comarca da Barbanza e de Muros e Noia viviron onte domingo a celebración do Corpus Crhisti, na que as alfombras florais foron as protagonistas. Malia que os continuos chuvascos que se rexistraron durante toda a xornada, especialmente na madrugada do sábado ó domingo, desluciron un pouco a celebración, foron moitos os veciños que participaron na confección destes tapices e nos posteriores actos relixiosos. Un exemplo desta tradición vivímola en Rianxo. Tradicionais rúas do casco antigo como a do Medio ou a de Abaixo, amenceron con maior colorido do habitual, como tamén o fixeron a Praciña, a praza Rafael Dieste ou a praza Castelao.