A rianxeira Esther Carrodeguas leva a escena a historia das ‘Marías’

    RIANXO> Todos as coñecemos. Quenes non deron con elas en vida polas rúas compostelás, puideron fotografarse coa súa estatua na alameda da capital galega. Pero poucos coñecen a verdadeira e crúa historia das “Marías”. Agora, unha obra de teatro nace para dárlles voz. Maruxa e Coralia son dúas irmás, que cada día saen da casa agochadas tras unha grosa capa de “Voaxa e Carmín”…Este é precisamente o nome da representación que comeza con esta escea do día a día das “Dúas en Punto” que, nesta ocasión, e grazas ao teatro, escaparán da súa rutina tentando cumprir os seus soños. Sobre as táboas, dando vida a Maruxa e Coralia, dúas grandes da nosa escena: Mabel Rivera e Belén Constenla. Ao igual que a escenografía, un entorno virtual en 3 dimensións, un texto innovador e singular, ao tratarse de poesía libre adaptada ao teatro. A súa autora, Esther Carrodeguas, suliñou que a peza busca sensibilizar dunha violencia, que máis se cabe nestes días, é unha das maiores eivas da nosa sociedade. As actrices levan un mes ensaiando neste auditorio de Rianxo, unha localidade, tal e como destacou o seu alcalde, concienciada con dotar de actividades os seus espazos culturais. “Voaxa e Carmín” estréase o día 19 na Mostra de Teatro de Ribadavia, pero antes, este xoves e venres, poderemos gozar da preestrea neste Auditorio de Rianxo, a partir das nove e media da noite.