Veciños e comerciantes de General Franco quéixanse dos malos olores

    cheirosgeneralfranco_100_120608.jpgRIBEIRA > Nesta ocasión os cheiros situábanse na zona comprendida entre a rotonda das amas de casa e a rúa Cordieiro.

    {flowplayer}barbanza/cheirosgeneralfranco.flv{/flowplayer}

    Dende hai máis dun ano os veciños e comerciantes da Rúa General Franco de Ribeira teñen que convivir cos malos cheiros que a miúdo se rexistran na zona. A pesar de que a presenza dos olores é frecuente, dende o concello aínda non lles explicaron as causas que os provocan nin lles deron unha solución definitiva.

    Cheiros máis fortes

    En anteriores ocasións, os comerciantes da zona xa tiñan denunciado episodios deste tipo pero esta semana agraváronse, chegando mesmo a provocar reaccións alérxicas en varias persoas que tiveron que ser atendidas por un médico. Ante a gravidade dos feitos, os técnicos de Aquagest desprazáronse ata a zona para buscar a orixe das emanacións. Sen embargo, os afectados están convencidos de que non se trata unicamente dun problema das tubaxes e pensan que se trata de vertidos tóxicos.

    Ante a falla de resposta das autoridades municipais, os afectados pensan seguir insistindo para que lle dean unha solución definitiva que erradique, dunha vez por todas, a emisión destes olores que mesmo poden poñer en perigo a súa saúde.

    Redacción Barbanza