Os investigadores activan o móbil de Diana Quer para rastrexar os últimos movementos

    POBRA> Este vernes saltaban as alarmas ao facerse eco un programa da televisión nacional que o teléfono móbil de Diana Quer daba sinal un mes despois da súa desaparición. Pero isto, non implica un avance na investigación, senón que foron os propios encargados do caso os que duplicaron a tarxeta do móbil da moza. O duplicado fíxose por parte da Garda Civil pouco tempo despois da desaparición de Diana Quer, para que os investigadores rastrexaran os movementos de realizara. Trátase, ao parecer, dunha actuación frecuente neste tipo de casos, e que forma parte do protocolo do Instituto Armado, coa que se poden recuperar as mensaxes enviadas e recibidas por Diana aquela noite. O que se sabe do teléfono da moza é que se perde o seu rastro arredor das catro da madrugada, no entorno de Taragoña, localidade do concello de Rianxo ubicada a uns 20 quilómetros da casa de veraneo da familia, na Pobra. Así mesmo no xornal Diario de Arousa, publicábase que o teléfono de Diana podería estar baixo a ponte da Autovía AG-11 que une Boiro e Rianxo, preto de onde se lle perdeu o sinal. Por iso é esencial descubrir con quen puido subir a un coche Diana a noite do 22 de agosto. Sobre as indagacións, de momento, nada se sabe do cruce de datos entre teléfonos e matrículas que se está a realizar, debido ao segredo de sumario. Desde a Delegación do Goberno volveron pedir onte nova colaboración cidadá que aporte calquera detalle sobre o que puido pasar a noite do Carme dos Pincheiros. O teléfono móbil de Diana Quer constitúe agora o principal argumento nas pesquisas da Garda Civil para obter algunha pista sobre o seu paradoiro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/moza_desaparecida_pobra_230920161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/moza_desaparecida_pobra_23092016.mp4{/flowplayer}