BARBANZA > O Partido Popular vén de solicita-la comparecencia urxente da Conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, para que explique o retraso na adxudicación das obras da futura autovía do Barbanza. O deputado desta formación política na comarca, Manuel Ruíz, considera que Política Territorial incumpriu o compromiso adquirido cos alcaldes desta zona e co Parlamento de Galicia de respecta-los prazos previstos.
Manuel Ruiz informou de que o Grupo Popular vén de presentar no Parlamento unha serie de iniciativas encamiñadas a forzar un pronunciamento da Conselleira de Política Territorial, despois do inxustificado segundo el aprazamento da adxudicación da autovía do Barbanza, que debería ter sido fectuada antes do pasado 30 de novembro, acumulando un retraso de cinco meses.
Por esta razón solicitaron a comparecencia urxente da Conselleira, María Xosé Caride, para que explique as razóns deste incumprimento.
O PP non se fía das razóns esgrimidas pola Consellería para explica-lo retraso na adxudicación da autovía.
Redacción Barbanza