O Concello inicia o proceso de contratación do Grumir

    grumir100_120608.jpgVILAGARCÍA > O Grumir estará operativo a finais de mes ou, alomenos, esa é a intención do Concello de Vilagarcía…

    … O goberno local acaba de por en marcha o proceso de contratación deste servizo, que estará integrado por doce traballadores.

    A xunta de goberno local de Vilagarcía decidiu esta semana abrir por vía de urxencia a selección de persoal para o grupo municipal de intervención rápida. E é que o Concello xa recibiu comunicación da Consellería de Traballo, que lle concedeu unha subvención de algo máis de 177.000 euros. A partida destinarase a cubrir os custes salariais e as cotizacións da Seguridade Social dos tres capataces e nove peóns cos que se dotará ó Grumir. O Concello, pola súa banda, porá uns 3 mil euros para gastos extra salariais.

    A oferta xa foi trasladada ó Servizo Público de Emprego, que elaborará a lista de aspirantes. Os candidatos han de encontrarse en situación de desemprego, estar inscrito como demandante no Inem e axustarse ó perfil do posto. Valoraráselle de forma especial a experiencia en grupos de intervención rápida e contar con cursos relacionados coa labor a desenvolver. O goberno local pretende facer a selección e contratación nas vindeiras semanas co obxectivo de que o Grumir esté funcionando a finais de mes.

    Redacción Salnés