O programa Xuventude Crea impulsa a xoieiría artesá en Ribeira

RIBEIRA> A Conselleira de Política Social visitou o obradoiro de xoiería Sofo en Ribeira. Trátase dunha iniciativa impulsada pola emprendedora Sofía Rivas, gañadora do programa Xuventude Crea 2020 na categoría de Deseño de Xoias.

Na súa liña de apoio ó mozos emprendedores. a Conselleira de Política Social quixo coñecer un dos proxectos gañadores do programa Xuventude Crea 2020. Fabiola García desprazouse ata Ribeira para visitar o taller de xoiería artesanal de Sofía Rivas que baixo a marca ‘Sofo’ elabora xoias exclusivas feitas a man.

Precisamente, o obxectivo dos premios Xuventude Crea é darlle un pulo non só económico senón tamén de motivación para que a mocidade converta o seu talento en negocio.

O pasado mes de maio, a Xunta puxo en marcha unha exposición itinerante onde se recollen as creacións que realizaron algúns dos 4000 participantes ao longo das 12 edicións do programa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí