A moratoria de Industria non satisface ós afectados da tarifa nocturna

    novidades_tarifa_luz_100.jpgRIBADUMIA > A moratoria duns meses concedida polo Ministerio de Industria á entrada en vigor do Real Decreto que regula a supresión da tarifa nocturna, …

    só lle vai afectar, segundo a plataforma de afectados galega, ás empresas eléctricas. De feito, o novo prazo só se debe ó retraso das eléctricas en cambiar os contadores da tarifa nocturna polos do sistema de prezo baseado na discriminación horaria. Mentres ós usuarios incrementaráselle igual a partires de xullo a contía das súas facturas.

    A situación dos afectados, cerca dunhas 200.000 familias e empresas só en Galicia, segue polo tanto igual a antes da decisión tomada por Industria. O único beneficio con esta aprazamento para os usuarios desta modalidade de cota nos seus recibos, é que non terán que pagar o cambio polo aumento de potencia, aínda que o fagan máis tarde do 1 de xullo, como se ía a facer nun comezo.Algo non lles parece suficiente ós afectados. E ante a negativa de Industria de aplicar algunha das súas propostas, van convocar unha concentración en Pontevedra, para o vindeiro 27 de xuño, ás nove da noite, na avenida de Montero Ríos.

    Redacción Salnés