Sanxenxo volve contar cun espazo propio no stand de Galicia en Fitur

SANXENXO> Como xa é habitual, Sanxenxo conta cun espazo privilexiado dentro da Feira Internacional de Turismo. O municipio ten instalado un mostrador no corazón do stand de Galicia, por onde pasou hoxe o presidente da Xunta e outras autoridades. Nese espazo, o concello ofrece todo tipo de información para que o visitante poida gozar dunha experiencia completa os 365 días do ano.