Os veciños de Arousa sur poderán escoller entre máis de corenta candidaturas

    SALNÉS> A festa de inicio de campaña tamén se viviu con forza en Arousa sur, onde máis de corenta candidaturas concorrerán ás eleccións do 24 de maio. En xeral mantense ou diminúe o número de partidos que se presentan en cada municipio, aínda que atopamos concellos nos que a desputa será este 2015 máis plural que hai catro anos. Son Ribadumia e Meaño, onde reaparecen partidos independentes; A Illa, onde Esquerda Unida se presenta este ano completando o cadro de catro formacións aspirantes á alcaldía; Vilanova, con outras catro, neste caso a novidade vén da man de Gañemos Vilanova; e Cambados. Na capital do albariño serán cinco as opcións que poderán escoller os veciños: ós partidos con representación nesta última lexislatura na corporación (PP, PSOE e BNG) súmanse Somos Cambados e Cambados Pode. No Grove, municipio tradicionalmente cun escenario político do máis diverso, estes comicios contará cun aspirante a alcalde menos. Cae do cartel o Partido dos Galeguistas do Grove mantendo as opcións de escolla entre PP, PSOE, BNG, Partido Galeguista Demócrata, Alternativa Meca e Esquerda Unida-Son. Tamén en Vilagarcía os electores terán estas municipais unha lista menos que escoller. Serán seis e non sete como en 2011 os alcaldables que se presentan este ano. As formacións que contaron esta lexislatura con representación: PP, PSOE, BNG e Esquerda Unida –o único edil de IVIL que formaba o bipartito no goberno vai integrado nas listas populares-; máis Somos Maioría e UPyD. En Sanxenxo estas eleccións desaparecerá VIPS do mapa, nesta lexislatura en coalición de goberno co PP, ea parecen novas formacións. O cadro quedará co Partido Popular, PSOE, BNG, SAL, Pode e Somos Sanxenxo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/08/pegadacarteisarousasur.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/08/PEGADA_CARTEIS_SALNES.mp4{/flowplayer}