Vilagarcía acuña o termo ‘botrato’ para combater a violencia machista

VILAGARCÍA> Vilagarcía convértese na vila do “botrato” para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero. O concello impulsa polo 25N a primeira campaña construída de forma colectiva a través dun proceso de escoita á veciñanza. As distintas reflexións que lle dan significado ao “botrato” e que lle dan forma á campaña foron aportadas por veciños e veciñas da cidade, incluíndo rapazada e adultos. A programación do 25N complétase en Vilagarcía con distintas actividades.

Na antítese da violencia machista atópase o “botrato”.

Vilagarcía acuña este termo para darlle forma este ano á súa campaña do Día Interancional contra a Violencia de Xénero. Unha iniciativa innovadora na que foi a veciñaza a que lle deu forma ao proxecto.

A campaña xa é visible na cidade, coa pancarta pendurada na casa do concello e presente tamén nas marquesiñas e autobuses, con frases como esta. Unha reflexión que forma parte desta iniciativa grazas a ese proceso de escoita. 

Todas as reflexións poden consultarse xa nun dossier que xa está dispoñible na web municipal. A campaña, por certo, segue viva.

Ademais, a programación do 25N en Vilagarcía inclúe outras actividades. Este venres terá lugar o Festival Reivindicativo no que participa o alumnado da cidade, este ano na compaña de Paulinha. Ese mesmo día, ao serán, proxectarse o filme ‘Son Nevenka’ no Salón García. O propio día 25 darase lectura ao manifesto e, por último, o venres 28 Marta Carrillo ofrecerá o seu espectáculo ‘A peito descuberto’, sobre a aventura da lactancia, contado entre teatro documental, humor e emoción compartida. Todas propostas de balde.