Sanxenxo combinará tapas e música no novo Portono Gastronómico

SANXENXO> Portonovo prepárase para a celebración do Portonovo gastronómico. O concello renova así a tradicional festa da raia converténdoa nun evento máis amplo que inclúe pasacalles e actuacións musicais durante toda a fin de semana. Nesta edición participarán 22 locais o que supón un total de 44 tapas. Entre os que degusten as tapas, o concello sorteará 48 estancias dun fin de semana en hoteis da vila.

O concello de Sanxenxo renova a tradicional festa da raia converténdoa no Portonovo gastronómico. Un festexo que mesturará gastronomía con música. Nesta edición participarán 22 establecementos cun total de 44 tapas. 

A principal novidade deste renovado Portonovo Gastronómico é a música. Durante toda a fin de semana, a vila gozará de animación, pasacalles e concertos.

Concello e hostaleiros colaboran nesta renovada festa cunhas expectativas moi altas.

Ademais o concello tamén sorteará 48 estancias dun fin de semana en hoteis da vila para os clientes que se acheguen a vila a degustar as tapas.

A oferta de tapas deste ano é moi variada e non inclúe son tapas con raia, aínda que este peixe continúa sendo o produto estrela. A festa pecharase o luns coa entrega da raia de ouro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí