Zona Centro precisa ser máis coñecida e unha maior participación dos socios

    estudio_zona_centro_100.jpgCAMBADOS >estudo que Zona Centro lle presentou onte ós seus socios pode resumirse en tres puntos: mellorar a formación dos comerciantes, incrementar o grado …

    … de coñecemento da asociación ós clientes, e aumentar a participación dos asociados nas labores da organización. Esta é a mensaxe que deixan as enquisas realizadas entre os 169 comerciantes integrantes ó colectivo, así como a un cento do clientes. Uns formularios nos que un 55 por cento dos veciños de Cambados enquisados, recoñeceron non saber da existencia da asociación, e nos que os que si a coñecían, aseguraban non notar difencias entre os establecementos de Zona Centro, e os que non están adheridos a ela. Entre os servizos máis coñecidos da asociación de comerciantes están os sorteos e concursos, e entre os máis botados en falta polos clientes, os bonos desconto, os servizos de aparcadoiro ou a posibilidade de recibir as compras a domicilio.

    O outro lado do estudo, financiado pola Consellería de Innovación e Industria, son as enquisas realizadas entre os socios de Zona Centro. O equipo directivo asegura ter unha excesiva responsabilidade e carga de traballo que non sempre se ve compensada co recoñecemento e participación do resto dos socios nas actividades do colectivo. Os socios recoñecen pola súa banda non haber asistido a moitas das asembleas e cursos realizados pola falta de tempo, pero si valoran positivamente a labor da directiva.

    Redacción Salnés