![]()
RIBEIRA > Un mozo de 17 anos faleceu onte a consecuencia dun accidente laboral rexistrado nunha obra de Palmeira.
{flowplayer}barbanza/mortopalmeira.flv{/flowplayer}
RIBEIRA > Un mozo de 17 anos faleceu onte a consecuencia dun accidente laboral rexistrado nunha obra de Palmeira. Os feitos acontecían ó redor das seis da tarde de onte nunha parcela situada no lugar de Chimpín, na parroquia ribeiresa de Palmeira. O mozo de 17 anos, con iniciais C.G.S. faleceu no acto ó caer sobre el unha pedra de grandes dimensións por razóns que aínda se descoñecen.
Excarceración
Inmediatamente, os seus compañeiros deron aviso ós servizos de emerxencia que se personaron no lugar do suceso. Os bombeiros de Ribeira tiveron que utilizar os equipos de excarceración e diferente maquinaria para recuperar o cadáver que se atopaba sepultado baixo a pedra. Ata o lugar tamén se desprazaron axentes da Policía Local e Protección Civil de Ribeira.
A nova causou gran consternación en Palmeira, de onde era natural o falecido, así como no lugar do Campiño, na Pobra, onde residía.
Redacción Barbanza








