Os veciños de Bamio enfróntase ó cura parroquial

    dv760_bamio_100.jpgVILAGARCÍA > Os veciños de Bamio están en pé de guerra contra o cura que oficia neste parroquia, o párroco de András Leopoldo Barreiro.

    A orixe do conflicto hai que buscala na chave da capela de San Xoán: o cura pide que se lle entregue a chave desta capela; unha imposición á que se opoñen os fregueses argumentando que a capela é do pobo. Ante esta negativa da veciñanza o cura advertiulles deste a homilía que se se opoñen a entregarlle a chave, non oficiará as correspondentes misas o día da festa a semana que ven, nin sairá en procesión.

    Para buscar unha solución democrática a comisión de festas argallou unha asemblea na que decidiron non entregarlle as chaves, no medio dun ambiente moi tenso, e que aumentaba por momentos, como cando as mulleres da comisión deste ano lembraron como o cura se dirixira a elas con malas palabras, con moi pouca educación e mesmo con frases misóxinas. Algúns dos presentes tamén deron conta doutros incidentes que aconteceran con este cura, ó que moitos tildaron de pouco respectuoso e mesmo de pesetero.

    O estado de desconformidade da veciñanza é tal que mesmo pediron a axuda ó arcipreste da Arousa, Lino Arcos, que fixo de intermediario entre veciños e párroco, pero sen lograr o entendemento entre as partes. Pola súa parte, o cura aludido atópase ilocalizable para ós medios de comunicación co que é imposible coñecer a súa versión dos feitos.

    Redacción Salnés