![]()
POBRA > O Partido Socialista da Pobra deu a coñecer as mocións presentadas para o seu debate no próximo pleno. Os socialistas esixirán ó executivo local que realice obras de mellora nos parques infantís do concello e solicitarán o apoio do resto das agrupacións municipais para poder levar ó Parlamento Galego varias propostas relativas á xestión da situación tralos incendios de agosto.
Dende o PSOE pobrés reclaman ó executivo a mellora e acondicionamento dos parques infantís do municipio, pero tamén solicitarán en pleno o apoio de tódolos grupos políticos para poder levar ó Parlamento Galego varias propostas, entre elas o deseño dunha nova política forestal, a axilización dos trámites para acceder ás axudas para a reparación dos danos e perdas causadas polo lume ou que o Goberno continúe coas investigacións sobre o ocorrido o pasado mes de agosto nos montes galegos.
Pero os socialistas tamén esixirán ó executivo local a aplicación dalgunhas medidas para evitar que se volvan a repetir situacións semellantes.O secretario , Andrés Rey, aproveitou a ocasión para posicionarse en contra da campaña de desprestixio institucional que está a levar a cabo o PP contra o goberno da Xunta e que ó seu parecer non é máis ca unha artimaña de encubrimento da mala xestión que os populares fixeron durante a catástrofe do ‘Prestige’.
Redacción Barbanza









