Detidas dúas persoas por un roubo a un local hostaleiro de Boiro

BORIO> A Garda Civil detivo a dous veciños da localidade de 19 e 48 anos coma presuntos autores dun delito de roubo con forza. Os feitos tiveron lugar na madrugada do pasado venres nun establecemento hostaleiro situado na zona de Praia Xardín. Os prendidos accederon ó interior do local a través da fiestra da cociña. Conseguiron levarse uns 300 euros despois de rebentar a máquina comecartos e a caixa rexistradora.

Os detidos xa pasaron a disposición xudicial. Ós dous cónstanlle antecedentes anteriores por feitos similares. Un deles fora detido xa a semana pasada por outro roubo nun establecemento hostaleiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí