Medio Rural dá por estabilizado o incendio da Barbanza

BARBANZA> Despois de varios días de máxima preocupación pola evolución do incendio, a situación parece normalizarse. O cambio de vento e as brétemas axudaron.

Medio Rural daba hoxe por estabilizado o lume. Aínda así membros das brigadas contraincendios continúan coas labores de vixilancia e control no monte, tratando de previr que as lapas poidan reavivarse, con especial atención á aquelas zonas próximas a vivendas, e que provocou que fora activada a Situación 2, como é o caso de Balteiro, en Ribeira, e San Isidro e Santa Cruz na Pobra do Caramiñal.

Dende o pasado xoves pola tarde, data na que se iniciou na parroquia boirense de Cures, o lume foi avanzando pouco a pouco cara outros puntos da Barbanza, como é o caso de Pobra do Caramiñal, Ribeira e Porto do Son.

A lapas destruíron boa parte da Serra do Barbanza. Medio Rural fala dunhas 2.200 hectáreas, a falla de comprobar os datos sobre o térreo, o que o converte nun dos máis voraces dos que se teñen rexistrados nos últimos anos, incluíndo a vaga de lumes que afectou á comarca no ano 2006.

Durante estes días foron numerosos os medios que participaron nas labores de extinción. Un dos momentos máis complicados vivíase na noite do venres para o sábado. Ese día foi necesaria a evacuación das persoas que se aloxaban no Camping Ría de Arosa 2, en Oleiros, que pasaron a noite en varios pavillóns polideportivos habilitados para a ocasión.

Ó cambio na metereoloxía, e sobretodo o traballo dos equipos aéreos, tanto hidroavións coma helicópteros, permitiron poder dar por controlado o incendio, ó avanzar por zonas escarpadas e de difícil acceso para o personal que traballa por terra.

Dende que se orixinou o lume teñen participado no operativo 9 técnicos, 84 axentes forestais, 144 brigadas, 80 motobombas, 8 pás, 3 unidades técnica de apoio, 15 avións e 9 helicópteros, ós que tamén se sumou durante a fin de semana a Unidade Militar de Emerxencias, UME.

Medio Rural lembra tamén que está a disposición da veciñanza o número de teléfono gratuíto 085, ó que calquera persoa pode chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto, o 900 815 085, para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí