O BNG considera que si hai alternativas para palia-la crise do sector pesqueiro

    xuntanzasectorpescaribeira_100_190608.jpgRIBEIRA > Os nacionalistas mantiveron onte un encontro con representantes de distintas asociacións e colectivos pesqueiros da localidade.

    A voceira do BNG ribeirés, Dominga Brión Sanmiguel, referiuse nunha comparecencia ante os medios previa á xuntanza mantida cos representantes do sector pesqueiro da localidade, ás principais razóns da crise. Segundo ela esta situación vén derivada por dúas razóns fundamentais, o incremento do prezo do combustible e a baixada de prezos en primeira venda. Neste sentido aludiu á discriminación á que se ve sometido o sector da baixura, do que Ribeira é un bo exemplo, que non ten dereito ás bonificacións no combustible. A edil nacionalista tamén aludiu á necesidade de mellora-lo sistema de comercialización, limitando as importacións, entre outros aspectos.

    Na xuntanza, á que tamén acudiu o deputado autonómico desta formación política, Bieito Lobeira, serviu para recolle-las principais inquietudes e necesidades dos traballadores do mar. 

    {flowplayer}barbanza/lobeirasectorpesqueiro.flv{/flowplayer}

    Non á reducción da flota galega

    Lobeira referiuse á situación de crise xeralizada que se está a dar pola suba brutal do combustible e as dificultades para poñer en valor o produto propio. Así sinalou que existen intereses na Unión Europea de considerar a Galicia coma un excelente mercado de consumo pero coma un competidor forte en producción. Por esta razón a Bruselas avoga por unha redución da flota, unha solución coa que a formación frentista non está de acordo.

    Medidas paliativas

    Dende o BNG considérase que si hai alternativas para saír adiante nesta crise. Así segundo el en escasas semanas o uso do combustible para a baixura vai ter unha rebaixa, que de seguro tamén repercutirá nos custes da explotación na primeira venda.

    Redacción Barbanza