Arousa Norte intensificará a súa promoción turística este 2017

    BOIRO> A Mancomunidade de Arousa Norte prevé para este ano aumentar a internacionalización da súa oferta turística e impulsar de xeito especial as actividades deportivas na comarca. Os catro concellos celebraron esta mañá en Boiro un pleno no que profundizaron nos seus obxectivos para este 2017. O pleno da Mancomunidade de Arousa Norte, celebrado esta mañá no concello boirense e presidido por Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo e actual presidente da entidade comarcal, incidiu fundamentalmente en dous aspectos. Por unha banda dar conta das últimas actividades realizadas por Arousa Norte para fomentar o turismo fóra das nosas fronteiras, asistindo a eventos como Fitur ou Xantar; e por outra banda, fixar as accións a realizar durante este 2017. O presidente da Mancomunidade explicou que a entidade está deseñando folletos turísticos en distintos idiomas, así como material audiovisual, para achegar a pontecialidade dos catro concello, A Pobra, Boiro, Rianxo e Ribeira, ás próximas reunións da xerencia con tour operadores internacionais. A primeira será este mesmo fin de semana en Berlín. No pleno da Mancomunidade deuse conta tamén do remanente positivo do exercicio anteriores, 152.000 euros, que unidos ás subvencións da outras institucións, como os 80.000 aportados pola Deputación da Coruña, permitirán a realización das diversas actividades programadas. A presenza en feiras internacionais de turismo náutico, as actividades na natureza, e o impulso ós eventos deportivos na comarca preséntanse como liñas de traballo destacadas para este ano. Vencellado a este pulo que se lle quere dar ó deporte nos catro concellos, durante o mes de abril a Mancomunidade celebrará unha Gala Comarcal do Deporte, onde se unirá e homenaxeará ós grandes profesionais e clubes que hai en Arousa Norte