Touriño inaugura o centro de interpretación da Carballeira en Caldas

    CALDAS > O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño visitou esta mañá o concello de Caldas de Reis para inaugurar …

    torio200_180608.jpg…o centro de interpretación da carballeira de Caldas. Touriño acompañado da corporación municipal coñeceu insitu as distintas paraxes da zona como a senda fluvial ou o xardín botánico. No seu discurso, o presidente da Xunta destacou a labor do concello pola aposta de iniciativas medio ambientais e turísticas e non somentes poñer tódolos esforzos en proxectos de construción.

     Había tempo que o presidente da Xunta de Galicia non se achegaba ata Caldas de Reis e por iso a súa visita causou moita expectación entre algúns veciños e simpatizantes que se achegaron a saudalo. Con algúns minutos de retraso Touriño chegou ó paseo caldense Román López onde o esperaban o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey,a alcaldesa de Cuntis Fátima Monteagudo e algúns membros da corporación municipal. Xuntos percorreron a Carballeira onde o presidente saudou a simpatizantes de partido, ente eles o ex-alcalde da vila Jose María Tobío.

    Xa no centro de interpretación da Carballeira, Touriño salientou a aposta do concello por un proxecto de crecemento medio ambiental e non dirixir sempre os obxectivos a políticas urbanísticas No discurso destacou a importancia do centro de interpretación da Carballeira, un proxecto dirixido a nenos onde coñecerán o elevado valor da carballeira que axudará no futuro a conservar o patrimonio ecolóxico e cultural de Caldas

    Tamén lembrou os encantos e a privilexiada situación xeográfica da que goza a vila Dentro das instalacións do centro o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey amosoulle ó presidente as dúas salas de exposicións que mostran a historia da carballeira e onde Touriño charlou amigablemente con algúns alumnos dos colexios da vila que visionaron un vídeo da historia da Carballeira a través da súa mascota, a vacaloura. Unha paraxe natural que segundo afirmou o alcalde de Caldas seguirá mellorando

    Unha vez fóra do centro de interpretación Touriño asistiu á un pequeno recital a cargo da banda de musical municipal e un percorrido pola senda fluvial da Carballeira .

    Redacción Salnés