BOIRO> Este será o tempo necesario para que o executivo poida reorganizar ó persoal que se encargaba da xestión da emisora municipal, que con motivo do peche, foi trasladado a outros departamentos municipais.
Boiro Novo mostrou a súa satisfacción polo paso atrás dado polo equipo de goberno, apostando pola xestión directa da radio municipal e non externalizar este servizo, tal e como barallou. Segundo os membros desta formación cúmprese así un dos acordos comprometidos durante as negociacións da investidura que permitiu que os socialistas chegaran á alcaldía.
A radio municipal podería abrir no prazo dun mes, aproximadamente. Un tempo necesario, xa que o executivo necesita acometer unha reorganización do seu perosal, xa que os traballadores municipais que se encargaban da xestión da radio foron reasignados a outros departamentos.
Segundo explicaron xa existe unha proposta de programación, na liña do traballo realizado antes do peche da emisora.