![]()
VILANOVA > A instalación dun quiosco na praia do Terrón, en Vilanova, levantou estes días as críticas de algúns veciños. Os donos do cámping El Terrón, …
… aseguran que a situación deste quiosco, malia contar co permiso de Costas, non cumpre coa legalidade. O motivo, a existencia dunha normativa da propia Dirección Xeral de Costas que prohíbe a instalación deste tipo de negocios a menos de 100 de calquera outra instalación fixa ou desmontable. Neste caso, a distancia é tan só uns 25 metros.
Os donos do cámping, ós que non lle permitiran hai uns anos poñer un quiosco similar nesta mesma zona por non respectar a distancia dos 100 metros, xa lle presentaron as súas queixas ó concello, quen se escusa amparándose en que o areal é propiedade de Costas. Pero ademais, é que no concello de Vilanova tamén se dá a particularidade de que non existe unha normativa local, coma si teñen outros municipios costeiros, que regule o establecemento deste tipo de locais.
Os propietarios do cámping, e a asociación de hostaleiros do Terrón, tamén indican que o quiosco dana o medio ambiente do lugar, onde se acumulan outra serie de danos ó medio coma a falta dun sistema axeitado da canalización das augas, que discorren por este leito feito sobre a area, que ademais agora se verá obstaculizado coa instalación do quiosco. Un establecemento que conta, iso si co, permiso de Costas para desenvolver a súa actividade.
Redacción Salnés








