RIBADUMIA> 6 adestradores de Ribadumia organizarán o primeiro programa de tecnificación de fútbol de Nadal. Do 23 ao 3 de xaneiros os nenos e nenas de 6 a 13 anos poderán formarse con técnicos especializados. O obxectivo é que os pequenos aprendan e gocen, á vez que axudar a conciliación familiar durante as vacacións.
Os máis pequenos de Ribadumia poderán aproveitar o nadal para continuar coa súa formación deportiva. 6 técnicos do concello toman a iniciativa e organizan na vila o primeiro programa de ténicifación específico de fútbol. A actividade conta co apoio do goberno local.
Detrás deste proxecto non hai ningún club, senón seis técnicos mozos, con ilusión e unha destacada formación como adestradores. O obxectivo deste programa é que os máis pequenos aprendan á vez que gocen.
O programa terá lugar durante as semanas do 23 de decembro ao 3 de xaneiro. O horario é de 9:30 a 14:00 horas. Desta forma tamén axudan á conciliación familiar dos pais durante o nadal.
O programa ten un máximo de 60 participantes. Os interesados poderán inscribirse ás dúas semanas ou cada unha por separado. Os organizadores encargaranse da recepción dos pequenos, da súa alimentación durante o descanso e agasallarannos con roupa.