O Salnés prepara un organismo para substituír ás Fundacións Comarcais

    jorgedominguez_porfundacincomarcal_100.jpgCAMBADOS > A desaparición das actuais Fundacións Comarcais van deixar, segundo o presidente da Mancomunidade do Salnés, Jorge Domínguez, …

    … un baleiros administrativos na comarcas para a xestión dos proxectos europeos. Por isto, están a traballar na creación dun novo organismo para o Salnés, O Grupo de Desenvolvemento Rural. O tamén coñecido coma GDR, vai pasar a asumir as funcións que ata o de agora levaban acabo as Fundacións Comarcais, ás que xa lle quedan poucas semanas de vida.

    O presidente da Mancomunidade do Salnés, e tamén secretario do Padroado da Fundación do Salnés, Jorge Domínguez, lidera a constitución deste novo organismo cuxa principal función será a de seguir tramitando os proxectos mancomunados con fondos europeos no Salnés, de xeito similar a como o levaban facendo as Fundacións.

    O anuncio de onte do Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, da intención da Xunta de desvincularse totalmente das fundacións comarcais, por consideralas ineficaces e inoperativas, non colleu por sorpresa ós responsables locais, que non comparten porén este criterio sobre a función destes organismos, que serviron para desenvolver proxectos de axuda europea coma o Proder.

     O GDR poderá comezar a ser unha realidade a partires do mes de xullo, cando Jorge Domínguez ten previsto convocar a asemblea constituínte do organismo. Para poder levar a cabo os seus traballos vanlle pedir a Medio Rural a cesión dunha das oficinas do actual Centro Comarcal do Salnés, en Cambados.

    Redacción Salnés