O xulgado ratifica a legalidade do pleno de constitución da Mancomunidade do Salnés

SALNÉS> A presidencia da mancomunidade celebra a sentenza do xulgado contencioso administrativo que considera que o organismo se constituíu conforme a lei. Os socialistas piden a Duran que deixe de poñer trabas ao funcionamento dunha mancomunidade que presta servizos no seu concello. A pesar diso, abren a porta para que os representantes vilanoveses volvan ao ente comarcal.

A mancomunidade do Salnés constituíse conforme a lei. Así o ratifica a sentencia do xulgado contencioso administrativo número dous de Pontevedra. Segundo a resolución, o pleno de constitución convocouse de forma correcta e polas persoas lexitimadas para elo.

A sentenza desmontou as denuncias do concello de Vilanova. O acto incluso cualifica de interpretación errónea e parcial algúns dos argumentos presentados polo alcalde vilanovés.

Dende a mancomunidade lembran que o ente comarcal é unha asociación voluntaria da que se benefician todos os concellos do Salnés, incluídos o de Vilanova. Por elo piden ao alcalde vilanovés que deixe de poñer trabas ao seu funcionamento.

Máis crítica se mostrou a alcaldesa de Cambados. Respondendo as acusación do concello vilanovés de que non estaba lexitimada a solicitar a convocatoria do pleno por haber cedido o seu posto na mancomunidade no anterior mandato.

Dende a presidencia sinalan que a sentenza ven a ratificar o que eles levaban dous anos defendendo, a legalidade da convocatoria do pleno por parte da secretaria da mancomunidade. Aínda así, abren a porta a que os populares que non están presentes volvan ao ente comarcal.

A presidencia da mancomunidade asegura que continuarán traballando para mellorar o benestar dos concellos da comarca e da súa veciñanza. Seguindo coas súas funcións, o pleno deste mes terá lugar mañá.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí