Esta semana decídese a continuidade de Enrique León no concello

    programaenriqueleon_100_030707.jpgVILAGARCÍA > A Xunta Electoral de Zona de Cambados reuniuse para tratar a suposta compatibilidade de Enrique León para ostentar cargo público.

    Pero non o fixo. Finalmente será a Xunta Electoral Central a que decida se Enrique León, actual alcalde de Vilagarcía polo PSOE, podía presentarse a unhas eleccións.

    León foi comisario de policía e actualmente está na segunda actividade, o que levou ó PP a pensar que non pode presentarse a unhas eleccións ó seguir ligado ós corpos de seguridade do estado. ‘A lei é moi clara’, di o voceiro do Partido Popular de Vilagarcía polo que hai que saber exactamente cal é a situación profesional de León. Éste asegura que está na segunda actividade pero sen destino e tal como acreditou o avogado do Estado, é perfectamente válido para ocupa-lo cargo actual, algo que agora terá que decidir a Xunta Electoral Central.

    En caso de non ser así e que León non puidese terse presentado a unhas eleccións, a cuestión sería peliaguda, xa que, segundo a Lei de Rexime Electoral Xeral habería que anular o seu nomeamento como concelleiro. ‘Anque o proceso a seguir tamén deberá ser establecido pola Xunta Electoral’, di Fole.

    De anularse a elección de Enrique León, non só haberá que designar novo alcalde en Vilagarcía senón repetir algúns dos decretos asinados por el nos últimos días xa que non terían validez. De aí a importancia de que a Xunta Central tome a decisión canto antes. O PP tamén aclara que, de non facer eles a consulta, éste problema sairía de tódolos xeitos xa que hai outro alcalde socialista na mesma situación, o de Cortegada, cuxo caso está sendo tamén investigado.

    Redacción Salnés