Volve a O Grove o II Campus Internacional de Balonmán Juan de Dios

campus_balonman250.jpgO GROVE > O Campus Internacional de Balonmán Juan de Dios repite este ano cita en O Grove baixo a iniciativa de novo do Clube Rasoeiro. Na súa segunda edición …

… volve coas mesmas gañas de consolidarse coma un referente da formación infantil e de cadetes do balonmán, tanto feminino coma masculino, no ámbito nacional. Un meta que se ve facilitada ante ausencia dun escola profesional de balonmán en España para a formación dos futuros valores deste deporte.

Rapaces de Alacante, Asturias, Palencia ou Portugal, ademais de galegos, participarán no Campus, que volve a contar con Alejandro López coma director técnico, baixo a tutela do Director Técnico da Federación Galega, Antonio Plaza. O corpo técnico dos adestradores que traballarán cos rapaces estará composto por seleccionadores galegos e profesionais deste deporte.

Polo de agora xa hai 63 prazas confirmadas das 70 dispoñibles. Son dúas máis que o ano pasado, e aínda esperan que cubrir as restantes. Un éxito que conseguen a pesares de que nos mesmos días nos que se desenvolverá o campus, entre o 28 de xuño e o 5 de xullo, coinciden cos do encontro da Selección Española Infantil e Cadete de Balonmán en Soria.

Redacción Salnés