Todo listo para o paso da Volta por Pontevedra e O Salnés

listovolta copia.jpg PONTEVEDRA> Xa están na provincia os corredores que tomarán en Ponteareas a saída da décima etapa da volta ciclista a España. A partir das catro da tarde está prevista a entrada na capital para seguir por Poio-Combarro, Sanxenxo, O Grove e meta de novo en Sanxenxo.

{flowplayer}images/salnes/NOVIDADES_VOLTA_270812.flv{/flowplayer}

Hoxe foi día de descanso para os corredores da Volta Ciclista a España. Están xa na provincia de Pontevedra nos seus hoteis de concentración repoñendo folgos para iniciar mañá a décima etapa. Partirá de Ponteareas en torno á unha menos dez do mediodía para entrar na cidade do Lérez a partir das catro da tarde recalando nos municipios de Poio, O Grove e Sanxenxo. A Volta chega a Galicia no ecuador da competición e con todo aínda por decidir, polo que se agardan tres etapas intensas e de alta competitividade.

No tocante ó percorrido, todo a punto. Operarios da Deputación de Pontevedra en colaboración con outras administracións autonómicas e municipais encargáronse estes días da posta a punto dos preto de trescentos quilómetros polos que discorrerá a volta na provincia.

Do que non dubidan é da asistencia masiva de público.

Redacción Salnés