Cinco canchas simultáneas para acoller a festa do baloncesto

VILAGARCÍA> O Memorial Ángel Estévez de Baloncesto celebrará entre o venres e o domingo o seu 11 aniversario con 250 nenas de 16 equipos de categoría infantil chegados de Madrid, Portugal, Palencia e toda Galicia. A competición , que busca sobre todo fomentar os valores de convivencia e deporte, incluirá como novidade a habilitación de cinco canchas simultáneas para que xompitan de xeito paralelo tres equipos infantís masculinos. 250 nenas e 40 nenos encherán desde o próximo venres o pavillón de Fexdega para desputar a décimo primeira edición do Memorial Ángel Estévez de Baloncesto. 16 equipos femininos e tres masculinos, todos de categoría infantil, co que se pretende seguir promovendo a esencia coa que naceu o encontro: espertar e fomentar nas bases os valores de convivencia e amor polo deporte. A novidade deste ano vén da habilitación de cinco canchas case simultáneas nas que se estarán desputando os partidos das categorías feminina e masculina. No tocante ás féminas, participarán equipos chegados de Madrid, Portugal, Palencia e toda Galicia. No caso dos masculinos estarán o BBC Liceo, o Xuven de Cambados e o Filipenses de Palencia. No torneo propiamente dita haberá catro grupos de competición para adaptarse ós diferentes niveis dos 16 equipos femininos. O grupo 1 e 2 desputarán o torneo clásico de oito equipos, catro por grupo, e os 3 e 4 xogarán un torneo paralelo coa mesma importancia que o clásico. Os encontros arrancarán o venres ás cinco e media da tarde. O sábado haberá partidos durante todo o día aínda que rematarán antes das sete da tarde. A esa hora o Portomar Cortegada xogará o seu último encontro de Liga na casa, e a organización quere que os participantes do memorial se despracen ata Fontecarmoa para animar ás xogadoras do primeiro equipo. O domingo xogaranse as semifinais a partir das nove da mañá. Os encontros finais, ás doce e media para o torneo paralelo e á unha e cuarto da tarde para o competitivo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/09/memorialmangelestevez.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/09/PTAC_MEMORIAL_ANGEL_ESTEVEZ.mp4 {/flowplayer}