Moncho Fernández apadriña o 3on3 Festa do Carneiro ó Espeto

MORAÑA> Este venres celebrase en Moraña a décimo segunda edición do 3×3 Carneiro ó Espeto; un certame de baloncesto no que participan xogadores das catro provincias galegas e doutros puntos do norte peninsular.

{flowplayer}images/salnes/3x3_carneiro_espeto_ptac.flv{/flowplayer}

Un evento lúdico deportivo que leva o nome da senlleira festa gastronómica por toda España e que este ano está apadriñado polo adestrador do Blusens Obradoiro, o santiagués Moncho Fernández.

E é que este evento deportivo cada ano gana máis adeptos, converténdose nun dos concursos máis vistosos deste deporte. Xa o saben, o vindeiro venres día 27, a Asociación Deportiva e Cultural Espeto e o Concello morañés argallan a duodécima edición do 3on3 Carneiro ó Espeto: uns cen partidos de 10 minutos nun só día arbitrados por colexiados da Federación Galega de Baloncesto, que inclúe tamén un xantar de confraternidade na Carballeira de Moraña. Aínda quedan prazas para anotarse. A inscrición é de balde.

Redacción Salnés