O Boiro agarda á confirmación de Lemos para planificar a proxima tempada

BOIRO> Despois da consecución do histórico ascenso á 2ª División B, un dos primeiros temas a tratar será a continuidade do adestrador, José Luís Lemos. Á espera da decisión do actual técnico, José Luís Lemos, que ten enriba da mesa unha oferta de renovación, a directiva do Boiro pretende iniciar canto antes a planificación da que será unha tempada histórica na categoría de bronce do fútbol nacional. Boa parte desa planificación dependerá da continuidade do adestrador, que será o que deba tomar a decisión das altas e baixas no plantel. A intención do Club pasa por manter a boa parte do equipo, especialmente á columna vertebral que logrou o ascenso de categoría, con seis ou sete incorporacións que melloren o grupo e lle dean un salto de calidade ó equipo para poder defender con garantías a permanencia na categoría. A decisión do adestrador coñecerase xa a primeiros da semana que vén, nunha xuntanza pendente co presidente, David Places. Todo apunta a que finalmente Lemos aceptará a proposta, e a partir de aí, a maquinaria boirense comezará a traballar no deseño da nova plantilla.