“Zona Aberta” invita ós vilagarciás á sardiñada popular o 23 0de Xuño

    sardia100_200608.jpgVILAGARCÍA > A asociación de comerciantes “Zona Aberta” de Vilagarcía presentou esta mañá a sardiñada popular que se celebrará …

    23 a partires das nove e media da noite. A xuntanza popular foi organizada en colaboración co concello e ese día repartiranse ducias de sardiñas acompañadas de pan de millo e tinto do Salnés, todo de balde.

    A praza de Galicia acollerá por segundo ano consecutivo a sardiñada popular que organiza a asociación de comerciantes “Zona aberta”de Vilagarcía. O vindeiro luns 23 todos os vilagarciás están invitados á xuntanza que co gallo de San Xoán se fai en tódolos municipios por estas datas.

    Os organizadores prometeron que non faltarán ás sardiñas, o pan de millo, e o viño do Salnés. Unha festa a de S Xoán que estará amenizada por boa música. Un grupo de gaiteiros percorrerá as rúas da cidade entre outras actuacións

     Esperan que a climatoloxía axude aínda que si chove o lugar alternativo será a peixería.

     Redacción Salnés