BOIRO > Unha vivenda emprazada no lugar de Reboredo na parroquia boiresa de Cespón resultaba afectada por unha explosión de gas.
{flowplayer}barbanza/explosioncespon.flv{/flowplayer}
BOIRO > Unha vivenda emprazada no lugar de Reboredo na parroquia boiresa de Cespón resultaba afectada por unha explosión de gas. No momento da deflagración tan só unha muller se atopaba no interior do inmoble. As graves feridas que presentaba en cara, brazos e pernas obrigaron o seu traslado en helicóptero ao hospital Juan Canalejo de A Coruña.
Foron os propios veciños os que chamaron ao 112, alertados pola explosión. De inmediato presentouse no lugar unha dotación dos Bombeiros, a garda civil, policia local e Grumir de Boiro.
Médicos do centro de saúde de Boiro e unha ambulancia do 061 estabilizaron a vítima, de 45 anos e propietaria da vivenda, que ante a gravidade das queimaduras que presentaba en cara, mans e pernas decidiron o seu traslado en helicóptero a unidade de queimados do hospital Juan Canalejo de A Coruña, onde permanace ingresada con pronóstico grave.
Escape de gas
Ao parecer, segundo informaron os bombeiros de Boiro, a explosión, producida con toda probabilidade por un escape de gas dunha bombona de butano, tivo lugar na cociña da vivenda, que resultou danada por mor da forte onda expansiva, que tamén ocasionou rotura de cristais e descuadre de portas interiores.
Segundo explicou a sogra da ferida, no momento da explosión a muller estaba a preparar a comida do mediodía nunha lareira. Despois de producirse a deflagación foron os propios veciños os que retiraron a bombona do interior da cociña e a depositaron nunha finca lindeira. Tras a recollida de datos, a garda civil xudicial tratará de esclarecer as causas que provocaron a esplosión.
Redacción Barbanza